ALCALDÍA
A Secretaría de Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización de axudas a ONG e organismos internacionais despregados en terreo:
• Coordinadora Española de ONGD
• Cruz Vermella, Media Lúa Vermella e Comité Internacional da Cruz Vermella
• Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios das Nacións Unidas. Contribución a través do Fondo Humanitario para Ucraína
• ACNUR (Axencia das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas)
• Información da AECID
COMUNICADO SOBRE RECOLLIDA DE PRODUTOS PARA UCRAÍNA
05/03/2022 O Concello de Santiago, atendendo as recomendacións do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e da AECID (Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo), prega á cidadanía que non entregue máis produtos nin alimentos con destino a Ucraína pois, como indica o Fondo, "as ONG que xestionan o reparto da axuda no terreo están colapsadas" e "non se pode garantir a correcta distribucións dos materiais nin tan sequera que estes cheguen a destino".
O Concello de Santiago agradece enormemente as mostras de solidariedade da poboación compostelá, que respondeu dende o minuto un achegando alimentos e produtos de primeira necesidade. Non obstante, neste momento é preciso modificar as formas de colaboración por mor das dificultades de loxística no terreo.A Secretaría de Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización de axudas a ONG e organismos internacionais despregados en terreo:
• Coordinadora Española de ONGD
• Cruz Vermella, Media Lúa Vermella e Comité Internacional da Cruz Vermella
• Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios das Nacións Unidas. Contribución a través do Fondo Humanitario para Ucraína
• ACNUR (Axencia das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas)
• Información da AECID