ACCIÓN CULTURAL

Cineuropa'31: 22 días, 264 filmes e 24.469 asistentes

30/11/2017 Coas proxeccións de Les fantônmes d’Ismaël, de Arnaud Desplechin, no Teatro Principal; Lucky, de John Carroll Lynch, no Salón Teatro; e Cazadores de utopías, de David Blaustein, nos Multicines Compostela, chegou a fin da trixésimo primeira edición do festival Cineuropa.

Atrás quedan 22 xornadas de cinema, 264 fitas exhibidas e 24.469 asistentes ás numerosas proxeccións distribuídas en 7 espazos da cidade que se converteron nestes días en sedes do certame. O Teatro Principal, o Salón Teatro, o Auditorio de Galicia, o CGAC, os Multicines Compostela, o Auditorio Abanca e Númax, acolleron do 7 ao 28 de novembro as proxeccións, concertos, coloquios e presentacións dunha edición que tivo como eixo temático a análise das revolucións e os fitos que transformaron o século XX.

No documento adxunto pode consultarse un balance desta edición do festival.

Documentos relacionados



Compartir: