EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Publicadas as listas definitivas de admitidos, excluídos e de agarda nas escolas infantís de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños

27/05/2016 A Xunta de Goberno aprobou as listaxes definitivas de admitidos, excluídos e listas de agarda nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2016-2017. Entre o día 1 e o 15 de xuño, as familias con nenos e nenas que teñan adxudicada unha praza para este curso escolar 2016-2017 deberán achegarse á escola infantil correspondente para proceder á formalización da matrícula.

Na escola contarán con toda a información e asesoramento relativo ao seu funcionamento, poderán visitar as instalacións e recoller os impresos necesarios para a formalización da matrícula. No caso de que algunha familia desista da praza obtida, poderá formalizar a renuncia na propia escola, o que facilitará que moitas familias en lista de agarda poidan acceder ás prazas vacantes.

A matrícula formalizarase na escola na que o neno/a teña adxudicada a praza. A documentación a achegar é: solicitude de formalización da matricula, certificado médico do neno/a, follas de autorizacións cubertas, catro fotografías tamaño carné, impreso de domiciliación bancaria, pago da matrícula, renda do 2015.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: