ALCALDÍA

O Concello colaborará cos Autónomos de Galicia na organización dun seminario para o fomento do emprendemento

09/05/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse no Pazo de Raxoi co presidente de Autonómos de Galicia, Lisardo Domínguez, para seguir avanzado nos asuntos que atinxen a ambas institucións.

Como sinalou o rexedor ao remate do encontro "a reunión serviu para coñecer a problemática que teñen os autónomos especialmente en momentos difíciles, nestes momentos de crise económica e por outra parte tamén para desenvolver conxuntamente con eles algún seminario que afecte a administración local dentro do que teñen, que é unha cátedra do traballa autónomo", en colaboración con outras administracións e coa Facultade de Dereito da Universidade de Santiago.

Este seminario posiblemente terá lugar no mes de xuño e aboradaría a lei de empredemento, a reforma da administración local e a licencia exprés. En ese sentido , Currás indicou que "estamos avanzando como podemos articulalo xa que creo que é de sumo interese non só para os autónomos senón por suposto para os universitarios e desde logo para calquera persoa interesada en temas de emprendemento e en temas tamén de urbanismo".

Documentos relacionados



Compartir: