EDUCACIÓN

Exposición pública de prazas vacantes na Escola Municipal de Música para o curso 2014-2015 e apertura do prazos de preinscrición do novo alumnado

30/04/2014 Finalizado os prazos de renovación de praza do alumnado actual da Escola Municipal de Música para o curso 2014-2015, procédese á publicación das prazas vacantes e a apertura dos prazos de preinscrición para o novo alumnado.

Do 2 ao 20 de maio é o prazo establecido para a solicitude de preinscrición na Escola Municipal de Música do novo alumnado que desexe matricularse na oferta educativa da escola, de acordo coas prazas vacantes para o curso 2014-2015, do que se achega documento.

O/a interesado/a entregará a solicitude na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela (EMMSC), en horario de mañá, de 11 horas a 14 horas (de luns a venres) e de tarde de 16 horas a 19 horas (mércores, xoves e venres).

Compartir: