DEPORTES

Preto de 400 ximnastas participarán este sábado no I Torneo Jael de Ximnasia Rítmica Club Viravolta

26/03/2014 O edil de Deportes, Adrián Varela, presentou en rolda de prensa o evento, que se celebrará no pavillón de Santa Isabel este sábado 28 de marzo.

O torneo integrará todos os niveis e categorias, convertíndose nunha importante cita á que asistirán 400 rapazas de clubs galegos, asturianos e da Comunidade de Madrid.

Ximnastas de base federadas e de categoría sénior, junior, infantil, alevín, benxamín e prebenxamín disputarán competicións individuais e por conxunto nun campionato que se celebra, por primeira vez, en Santiago.

Ademais, esta edición conta coa participación dunha ximnasta de excepción: Eugenia Onopko, bronce no Campionato de España Individual na categoría sénior. Ofrecerá duas exhibicións durante a xornada da tarde que compartirá con todas as rapazas que o desexen nesta inolvidable experiencia.

A xornada de mañá comezará as 10:00 horas e participarán en primeiro lugar as categorias sénior, junior e infantil (competición individual e por conxunto) e a continuación será o turno para as categorías de alevíns, benxamíns e baby en competición por conxuntos.

Un xurado composto por Elena Sierra, Rosa Sierra, Marta Bobo e Dolores Espasandín serán as encargadas de entregar os trofeos.

Para a tarde están previstas as actuacións das categorías de nivel base e nivel federado en competición individual xunto cos dous exercicios de exhibición que correrán da man de Eugenia Onopko.

Compartir: