EDUCACIÓN

A Concellería de Educación lembra que continúa aberto ata o 15 de abril o prazo de preinscrición nas escolas infantís de Fontiñas, Conxo e Meixonfrío

14/03/2014 En documento adxunto pode comprobarse a relación de prazas vacantes nas escolas municipais para o curso 2014-2015.

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do 27 de febreiro, aprobou o calendario de prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2014-2015.

As familias con nenos e nenas inscritas nas tres escolas infantís municipais tiveron de prazo do 1 ao 10 de marzo para solicitar a renovación da súa admisión. Agora publícanse as listas de vacantes e do 15 de marzo ao 15 de abril poderanse realizar as solicitudes para novos ingresos. Entre o 2 e o 10 de maio publicaranse as listas provisionais de admitidos e agarda e, unha vez estudadas as posibles reclamacións, faranse públicas as listas definitivas (do 23 ao 31 de maio) e abrirase a matrícula (do 1 ao 5 de xuño).

Compartir: