Domingo 22 de decembro 2019

Axenda

"A paisaxe e a súa pegada II", exposición na Casa do Cabido

Visión que catro fotógrafos/as -Andrea Costas, Eva Díez, Denís Estévez e Xoán Soler- sobre a paisaxe do Camiño e da cidade.

Ata finais de decembro, na Casa do Cabido.

Axenda

"A cidade, o Camiño e nós", nos centros socioculturais

Mostra sobre a identidade da cidadanía de Santiago de Compostela e a xente que a visita.

Novembro, decembro e xaneiro, en varios centros socioculturais.

Axenda

Exposición "Antonio Fraguas Fraguas. Letras Galegas 2019"

A exposición consta de dúas seccións, unha de contido biográfico que propón un itinerario ao longo da vida de Antonio Fraguas, con especial atención á súa traxectoria como galeguista e profesor, membro activo das institucións máis destacadas da cultura do país durante oito décadas fecundas, e outra na que se presentan as diferentes vertentes nas que exerceu o seu traballo intelectual: arqueoloxía, xeografía, historia e arte, etnografía e divulgación.

Ata o 28 de decembro, no Museo do Pobo Galego.

Compartir: