CENTROS SOCIOCULTURAIS

"A cidade, o Camiño e nós", nos centros socioculturais

18/11/2019 A veciñanza de Santiago pode achegarse aos centros socioculturais e desfrutar ata finais de xaneiro do proxecto expositivo A cidade, o Camiño e nós, sobre a identidade da cidadanía de Santiago de Compostela e a xente que a visita, organizada pola Rede Galabra da USC coa colaboración do Concello de Santiago.

O proxecto conta con tres exposicións sectoriais: "A cidade e quen a habita", "A cidade e quen a visita" e "A cidade e os seus espazos comerciais". A mostra presenta algúns resultados da investigación que Galabra está a realizar dende o ano 2008 sobre os impactos do Camiño de Santiago na cidade.

As exposicións poden visitarse nestes momentos nos centros socioculturais das Fontiñas, do Ensanche e de Conxo e en datas próximas chegarán tamén ao CSC de Vite. Xa pasaron polo CSC do Castiñeiriño.

Calendario de exposicións:

- "A cidade e quen a habita", do 18 ao 30 novembro no CSC de Conxo, e do 3 ao 18 de decembro no CSC de Vite.

- "A cidade e quen a visita", do 20 ao 30 novembro no CSC do Ensanche, do 4 ao 13 de decembro no CSC de Conxo, e do 18 ao 31 de decembro no CSC de Vite.

- "A cidade e a actividade comercial", do 20 ao 30 de novembro no CSC das Fontiñas, do 16 ao 30 de decembro no CSC do Ensanche, do 3 ao 17 xaneiro no CSC de Conxo e do 17 ao 25 xaneiro no CSC de Vite.

Compartir: