Son equipamentos de uso comunitario, xeralmente de titularidade municipal, onde se organizan actividades que pretenden fomentar a convivencia dos veciños a través de programas de ocio (deportes, cine, teatro, excursións, exposicións), sociais (bibliotecas, cursos de alfabetización de adultos...) e de aprendizaxe (obradoiros de manualidades, astronomía, xardinería, ioga, etc.). Están abertos á participación de todos os veciños de Compostela.

A rede de equipamentos socioculturais do Concello de Santiago, entre centros e locais sociais, ten un total de 47 puntos, concibidos para o uso e aproveitamento comunitario.

Teñen como obxectivo fomentar a convivencia entre os veciños e impulsar a súa participación nestes espacios.

O Concello, a través do seu departamento de centros socioculturais conta cunha rede de 44 equipamentos, prográmanse anualmente, logo de escoitar as propostas e suxestións que se presentan, un conxunto de actividades dirixidas á maior franxa posible de interesados/as, garantindo así unha proposta global e plural.

Tipo de actividades que se poden encontrar nos centros socioculturais:
Actividades culturais e tempo libre:
  • Cursos, talleres sobre distintas prácticas artísticas: manualidades, pintura, flores secas, encadernación, fotografía, música, debuxo.
  • Exposicións e exhibicións de pequeño formato.
  • Representacións teatrais, mostras de música coral, folk, electrónica.
  • Visitas culturais.
  • Charlas, conferencias, mesas redondas sobre temática actualizada.

Actividades de promoción social e saúde:
  • Clubs variados (maiores, viaxeiros, fotografía, natureza, lectura, astronomía, arte).
  • Obradoiros de relaxación (ioga, taichi, aromaterapia, musicoterapia...)
  • Charlas de educación para a saúde, alimentación, vida saudable.

Servizos que se prestan nos centros socioculturais:
  • Espazos para xuntanzas de entidades: previa petición.
  • Espazos para exposicións.
  • Espazos para a lectura e o xogo infantil: rede de aulas de lectura e xogo infantil municipal, aulas informáticas.

Enderezos de contacto para actividades nos centros socioculturais



Compartir: