Servizo de catering e de persoal monitor/coidador de comedor escolar para centros de educación infantil e primaria dependentes do Concello de Santiago de Compostela durante o curso escolar 2019-2020

A Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela, na sesión do día 23-12-2019, acordou: Adxudicar o contrato de "Servizo de catering e de persoal monitor/coidador de comedor escolar para centros de educación infantil e primaria dependentes do Concello de Santiago de Compostela durante o curso escolar 2019-2020" a prol da empresa ALIMENTACION SALUDABLE GALLEGA SLU (CIF: B27831783), que compromete un prezo de 4,92 euros para o xantar e de 1,76 euros para o almorzo (ambas cantidades IVE excluído), ao ser a súa oferta a única presentada e cumprir os requirimentos dos pregos de aplicación.
Así mesmo, compromete a implantación dun sistema que garante o control individualizado de presenza diaria do alumnado usuario do comedor, o emprego de envases de contido reciclado, fabricado con materias primas renovables ou a base de material biodegradable, un plan de formación para os traballadores de 150 horas, unha cociña central a non máis de 25 km do centro educativo máis alonxado e o emprego dun 70% de produto fresco, do 15% de produtos de produción ecolóxica e o 90% de produtos da contorna.

O contrato formalizouse electrónicamente o 29-1-2020.

Número de ofertas presentadas: 6.

Data Publicación no Perfil do Contratante: 26-12-2019.

Número de expediente municipal

CON/39/2019

Estado da contratación

Adxudicacion definitiva

Tipo de licitación

Gasto máximo previsto: (IVE excluído): 949.863,64 euros.
IVE: 94.986,36 euros Tipo: 10% do orzamento base anterior.

Os licitadores realizarán ofertas á baixa sobre os seguintes prezos unitarios:
. Almorzo: 2,10 euros máis IVE.
. Xantar: 5,88 euros máis IVE.

Data límite de presentación de propostas

Ata as 13:00 horas do día 23/09/2019 no Portal de licitacións electrónicas do Concello de Santiago.
https://licitacion.santiagodecompostela.gal/?language=gl

Datos da publicación

Envio anuncio DOUE 19/8/2019
Portal de licitacións 19/8/2019
PLACE 19/8/2019
Perfil de contratación 19/8/2019

Información e documentación

Sección municipal de Contratación
Rúa Salvador Allende, 6-8
15705 Santiago de Compostela
TEL : 981 543 033 - FAX : 981 542 304
Correo electrónico: contratacion@santiagodecompostela.org
Compartir: