Subministro varios vehículos e o seu mantemento mediante RENTING para o Concello de Santiago

A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela na sesión de data 07 de novembro de 2013, acordou adxudicar o contrato denominado "Subministro de varios vehículos e o seu mantemento (Lotes I e III), mediante arrendamento (RENTING), para o Concello de Santiago", a favor de NOYAMOVIL, SL, que oferta un importe de 26.400 euros IVE aparte (21% IVE:5.544 euros) para o LOTE I e un importe de 65.280 euros IVE aparte (21% IVE:13.708’80 euros) para o LOTE III.

A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela na sesión de data 11 de novembro de 2013, acordou adxudicar o contrato denominado "Subministro de varios vehículos e o seu mantemento (Lote II), mediante arrendamento (RENTING), para o Concello de Santiago"a favor de EMPRESA MONFORTE, SA, por un importe de 43.920 euros IVE aparte (21% IVE:9.223’20 euros)

O contrato formalizarase en documento administrativo dentro do prazo de 15 días hábiles a contar desde o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva.

Data de publicación no perfil: 19 de novembro de 2013.

Número de expediente municipal

CON/60/2013

Estado da contratación

Adxudicacion definitiva

Data límite de presentación de propostas

Ata as 14:00 horas do día 14-09-2013 no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela.
R/ Presidente Salvador Allende, 4
15705 Santiago de Compostela
TEL: 981 543 122 - Fax: 981 543 133

Información e documentación

Sección municipal de Contratación
Rúa Salvador Allende, 6-8
15705 Santiago de Compostela
TEL : 981 543 033 - FAX : 981 542 304
Correo electrónico: plopezb@santiagodecompostela.gal

Direccións relacionadas

Compartir: