Igualdade
Isaac Díaz Pardo, 2-4Tel.: 981 542 465 / cim@santiagodecompostela.gal
Web: https://cimcompostela.gal
- Asesora e orienta a muller sobre os seus dereitos e formas de inserción laboral.
- Presta información e asesoramento xurídico, así como atención psicolóxica ás mulleres que a demanden.
- Dispón dun servizo de atención domiciliaria da infancia.
- Desenvolve programas de promoción e participación social, de prevención e intervención para colectivos de mulleres de alto risco.
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES (CIM)
O CIM é un servizo de información ás mulleres, dependente da Concellería da Muller, que proporciona con carácter permanente:
- Asesoramento xurídico.
- Atención psicolóxica.
- Orientación profesional.
- Información en materia de recursos.
- Calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada o demanden.
- Información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades aos grupos de mulleres que de forma colectiva o demanden.
Os principios de actuación do CIM son:
O anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión contraria destas.
O respecto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
A gratuidade de todos os servizos que se houberan de prestar, e todo iso atendendo á vocación de servizo público.
O respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do CIM, que garantirá a privacidade das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias.
Os horarios de atención do CIM, de luns a venres, son os seguintes:
- Atención ao público: das 09.00 ás 14.00 h
- Atención xurídica: das 09.00 ás 11.00 h
- Atención psicolóxica: das 11.00 ás 13 h
Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello