O Concello asume e desenvolve as competencias propias en materia educativa e ofrece aos centros de ensino propostas, actividades e recursos do Concello. En colaboración coas demais administracións competentes en materia educativa atende ás obrigas que ten o Concello respecto aos centros escolares nos niveis de educación infantil e primaria e participa no desenvolvemento de programas e recursos para a mellora da calidade do ensino: de tipo deportivo (Á auga patos), de tipo lúdico (Ferradura Aberta, campamentos de tempo libre), concursos (pintura, poesía..).
En concreto:
- Xestiona axudas e subvencións municipais en relación co ensino.
- Informa sobre calquera das actividades impulsadas ou nas que colabore o departamento e sobre cuestións xerais relativas á educación ata o nivel de ensinanza secundaria: mapa escolar, criterios para a selección dos alumnos en centros, formación profesional, programas de garantías social e transición ao traballo, ensino de réxime especial (escolas de arte, música, idiomas), educación especial, formación de persoas adultas, participación en programas e actividades organizadas ou nas que colabore o Concello, requisitos para beneficiarse das subvencións convocadas polo Concello en materia educativa, etc.
- Promove, organiza e coordina actividades educativas dirixidas ós centros de ensino, asociación, colectivos e cidadanía en xeral. Actividades dirixidas ao coñecemento da cidade, a educación para a paz, a educación ambiental, a animación á lectura,actividades de ocio e tempo libre, exposicións.
- Vela pola escolarización de tódolos nenos de Santiago: promove campañas informativas sobre a preinscripción e matriculación en centros escolares, prebe o absentismo escolar, programa axudas escolares, etc.
Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello
Enlaces
- Datas das xornadas de portas abertas coas familias usuarias dos servizos de comedor escolar..
- Información xeral servizo de madrugadores e comedores escolares. Curso 2017/18.
- Calendario das reunións informativas coas familias coas usuarias dos servizos de comedor.
- Centro de Interpretación do Medio Rural.
- Programa de actividades Centro de Interpretación do Medio Rural.
- "EstudoXoven 2011".
- Programa pedagóxico para escolares. Aula de Patrimonio.
- Guía didáctica BRUNDIBÁR.
- Admisión no ensino público.