Promoción económica
Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIATel.: 981 542 493 / Contactar co Concello
Web: www.cersiaempresa.org
Horario: de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Neste servizo realízanse tarefas orientadas a facilitar información e formación en diferentes campos sempre tendentes a mellorar as condicións de vida socioeconómicas dos veciños de Santiago.
Promoción económica:
- Facilitar información e asesoramento a tódalas persoas que desexen crear unha empresa, en relación a: axudas e subvencións, formas xurídicas máis axeitadas, trámites de constitución, aspectos fiscais e de seguridade social.
- Desenvolver un programa de incentivos para a creación de empresas innovadoras.
- Xestionar Iniciativas locais de emprego.
- Recoller e facilitar información sobre programas europeos de interese no seu ámbito de actuación.
Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello
Concellarías
Noticias
- Santiago asume a presidencia de REDEL, a Rede de Entidades de Desenvolvemento Local 18/05/2024
- O CSC Maruxa e Coralia acolle desde hoxe a exposición "Economía social no corazón da nosa historia" 19/03/2024
- O Concello concede subvencións a 22 entidades de economía social por un total de 110.000 euros 19/12/2023