Centro Sociocultural José Saramago (Vite)
Rúa Carlos Maside, 7Tel.: 981 542 490 / Contactar co Concello
Centro Sociocultural Aurelio Aguirre (Conxo)
Campo de Conxo, 15Tel.: 981 528 740 / Contactar co Concello
Oficinas Centrais e Administración da Concellería de Centros Socioculturais
Casa das Asociacións de Cornes. Rúa Manuel Beiras, 3Tel.: 981 543 090 / Web: www.santiagosociocultural.org
Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche
Rúa Frei Rosendo Salvado, 14 – 16Tel.: 981 543 001 / Contactar co Concello
Centro Sociocultural do Castiñeiriño
Virxe de Fátima, s/nTel.: 981 542 459 /
Centro Sociocultural de Santa Marta
Rúa de Antonio Rama Seoane, 6Tel.: 981 543 017 /
Son equipamentos de uso comunitario, xeralmente de titularidade municipal, onde se organizan actividades que pretenden fomentar a convivencia dos veciños a través de programas de ocio (deportes, cine, teatro, excursións, exposicións), sociais (bibliotecas, cursos de alfabetización de adultos...) e de aprendizaxe (obradoiros de manualidades, astronomía, xardinería, ioga, etc.). Están abertos á participación de todos os veciños de Compostela.
A rede de equipamentos socioculturais do Concello de Santiago, entre centros e locais sociais, ten un total de 47 puntos, concibidos para o uso e aproveitamento comunitario.
Teñen como obxectivo fomentar a convivencia entre os veciños e impulsar a súa participación nestes espacios.
O Concello, a través do seu departamento de centros socioculturais conta cunha rede de 44 equipamentos, prográmanse anualmente, logo de escoitar as propostas e suxestións que se presentan, un conxunto de actividades dirixidas á maior franxa posible de interesados/as, garantindo así unha proposta global e plural.
Tipo de actividades que se poden encontrar nos centros socioculturais:
Actividades culturais e tempo libre:
- Cursos, talleres sobre distintas prácticas artísticas: manualidades, pintura, flores secas, encadernación, fotografía, música, debuxo.
- Exposicións e exhibicións de pequeño formato.
- Representacións teatrais, mostras de música coral, folk, electrónica.
- Visitas culturais.
- Charlas, conferencias, mesas redondas sobre temática actualizada.
Actividades de promoción social e saúde:
- Clubs variados (maiores, viaxeiros, fotografía, natureza, lectura, astronomía, arte).
- Obradoiros de relaxación (ioga, taichi, aromaterapia, musicoterapia...)
- Charlas de educación para a saúde, alimentación, vida saudable.
Servizos que se prestan nos centros socioculturais:
- Espazos para xuntanzas de entidades: previa petición.
- Espazos para exposicións.
- Espazos para a lectura e o xogo infantil: rede de aulas de lectura e xogo infantil municipal, aulas informáticas.
Enderezos de contacto para actividades nos centros socioculturais
Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello
Enlaces
Anuncios
- Programa Vive o verán 2023 16/06/2023
- Programación dos centros socioculturais do Concello 2023/24 14/09/2023