Elabora e coordina a programación que se desenvolve no Teatro Principal.
Coordina as actuacións da Banda de música municipal, cunha programación establecida do seguinte xeito:
Un concerto cada domingo, que se celebra no palco de música da Alameda, agás durante os meses de outono e inverno que por razóns climatolóxicas o fai no Teatro Principal, sempre ás 12.00 horas.
Un concerto cada xoves dende o primeiro de xuño ata o derradeiro do mes de setembro, ás 20.00 horas, que se celebran xeralmente na rúa do Vilar.
Asemade participan en inauguracións, concertos e intercambios con outras bandas, segundo os acordos que neste sentido se adopten dende o Concello.
Informa e distribúe publicacións municipais relativa aoss seus programas culturais.
Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello
Noticias
- Vinte cantantes de sete países competirán esta fin de semana polos galardóns do VI Concurso de Canto Compostela Lírica organizado por Amigos da Ópera de Santiago 28/11/2023
- O filme 'Enigma de lume' gaña a 37ª edición de Cineuropa 25/11/2023
- Ana Torrent, premio Cineuropa: "Conservo a sensación de vivir o cinema como algo moi misterioso" 23/11/2023