María Rozas Pérez
Naceu en Santiago en 1981. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, con Máster de Estratexias, Axentes e Políticas de Cooperación ao Desenvolvemento polo Instituto HEGOA. A súa traxectoria profesional está vinculada á consultoría de xestión económica e patrimonial para Administracións Públicas, e foi voluntaria en varias ONGD’s e participante de movementos feministas. Foi concelleira de Economía, Facenda e Administración en Santiago no período 2015-2019
Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, con competencias nas materias de promoción económica, comercio, emprego, políticas sociais, diversidade, economía social, maiores, saúde, na Unidade Atención ás Migracións (UAMI), cooperación ao desenvolvemento, xuventude e orzamentos participativos. Primeira tenenta de alcaldesa.
Naceu en Santiago en 1981. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, con Máster de Estratexias, Axentes e Políticas de Cooperación ao Desenvolvemento polo Instituto HEGOA. A súa traxectoria profesional está vinculada á consultoría de xestión económica e patrimonial para Administracións Públicas, e foi voluntaria en varias ONGD’s e participante de movementos feministas. Foi concelleira de Economía, Facenda e Administración en Santiago no período 2015-2019
Servicios Sociais
Isaac Diaz Pardo 2- 4 (Galeras)
Tel: 981 542 465
Xuventude
Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16
Tel.: 981 543 001 / Web: Departamento de Xuventude en Facebook
CERSIA Empresa
Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA
Tel.: 981 542 493 / / Fax: 981 542 492
Contactar co Concello
Web: www.cersiaempresa.org
Horario: de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Políticas Sociais, Diversidade, Economía Social, Maiores e Saúde
O Concello aposta por políticas sociais e de saúde públicas, universais, de calidade, integrais e solidarias, con orzamentos suficientes que garantan a xestión pública directa, cun catálogo de servizos e prestacións axeitados e suficientes para atender a diversidade de demandas sociais, priorizando os programas de prevención, promoción e desenvolvemento da autonomía persoal e saúde.
Dende esta área, o Concello promove políticas de integración e normalización dos dereitos de todas as persoas. Tratase de que todas as persoas que vivan, traballen ou se acheguen a Compostela poidan desfrutar de todos os recursos e servizos que lle permitan levar unha vida digna. Así, canalízanse os medios e recursos suficientes para facilitar que as condicións de vida (ingresos, vivenda, servizos básicos, servizos educativos e de saúde...) sexan equiparables ás do cidadán medio e cidadá media e permitan o maior desenvolvemento das capacidades e competencias persoais.
Esta Concellería atende as necesidades básicas da cidadanía, a través da promoción da saúde e a prestación de servizos sociais, en colaboración e coordinación cos distintos departamentos municipais, cos axentes sociais do concello, co tecido asociativo e co movemento cidadán, particularmente coas entidades do terceiro sector.
Entre as súas funcións está tamén a coordinación e corresponsabilidade política e técnica na loita contra todas as formas de exclusión e discriminación, implicando a todas as áreas municipais, concellos limítrofes, outras institucións públicas e as ONG´s implicadas na loita contra a pobreza e exclusión en Santiago de Compostela.
En definitiva, esta área promove un Concello máis igualitario e xusto, amigable para as persoas maiores, integrador das diversidades, saudable, socialmente responsable, solidario e con servizos accesibles para todas as persoas.

UAMI
Esta área ostenta tamén as competencias en inmigración, articuladas a través da Unidade de Atención ás Migracións (UAMI). A integración social e laboral dos inmigrantes é tamén unha cuestión de primeira orde para o Goberno municipal. Para conseguir este obxectivo o Concello convoca axudas asistenciais e bolsas de estudo e organiza programas de formación de adultos de minorías étnicas. As axudas fanse extensivas, mediante a convocatoria de subvencións, tamén para aqueles organismos ou asociacións dedicadas a prestarlle atención social aos inmigrantes.
Xuventude
Este departamento canaliza a política municipal en materia de xuventude, promovendo medidas que abranguen no só a cuestións económicas e de emprego, senón tamén de promoción dunha maior participación da mocidade na adopción das políticas que lles afectan. Ten como eixes de traballo a promoción do emprego xuvenil, o asesoramento e orientación laboral e o acceso á vivenda, así como a promoción do asociacionismo xuvenil e a dinamización sociocultural da xente nova.
Desenvolve iniciativas propias dirixidas á xuventude, así como das que xorden dos propios colectivos cun labor de apoio e asesoría técnica, ou establecendo as correspondentes liñas de axuda. As actividades formativas, as novas tecnoloxías, as melloras fiscais, a información, o deporte ou os intercambios culturais son un importante eixe das posibilidades, demandas e ofertas para a mocidade de Santiago.

Servizos
Xuventude
Unidade de Atención ás Migracións (UAMI)
Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.
Promoción Económica
Emprego
Comercio
Noticias
- A Andaina Solidaria da Asociación Española Contra o Cancro en Santiago celebra o 28 de setembro a súa III edición 13/09/2024
- A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" pon en valor o produto fresco e de proximidade 12/09/2024
- A Concellaría de Xuventude súmase á benvida aos novos estudantes da USC informando dos recursos que teñen ao seu dispor na cidade 11/09/2024