ALCALDÍA

Amplíase o espazo para a instalación de "foodtrucks" á zona da Carballeira do Banquete de Conxo durante a Festa

16/05/2022

As persoas interesadas en instalar postos de foodtruck no espazo cedido polo Sergas na zona de aparcamento da rúa Ramón Baltar e na Carballeira do Banquete o vindeiro 22 de maio, co gallo da celebración da III Festa do Banquete de Conxo, poderán solicitar ata o 18 de maio as autorizacións correspondentes para a ocupación da vía pública. O espazos habilitados poderá acoller un máximo de vinte postos, que serán autorizados respectando a orde de presentación no rexistro.

Ler máis

MOBILIDADE

O próximo 19 de maio terá lugar un simulacro de sinistro no túnel de Cornes-Hórreo

16/05/2022

O Concello de Santiago en colaboración co Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA) vai levar a cabo un simulacro de actuación e coordinación entre todos os servizos implicados (emerxencias, bombeiros, sanitarios, policía local, xestores do túnel, protección civil...) ante un sinistro que implicaría a extinción dun incendio e a evacuación de feridos e de usuarios do túnel de Cornes-Horreo na SC-20, que une o Polígono do Tambre co Milladoiro.

Ler máis

EDUCACIÓN

A VII Mostra Musical do Eixo Atlántico reflicte en Ferrol o alto nivel dos novos intérpretes da Eurorrexión

16/05/2022

36 solistas e 8 agrupacións procedentes de Galicia e do Norte de Portugal participaron nesta edición. O principal premio da Mostra leva o nome de Xosé Manuel Rodríguez-Abella, pedagogo que foi xefe do Departamento de Educación de Santiago durante máis de trinta anos, e un dos pioneiros nos procesos socioeducativos impulsados polos Concellos galegos, recaeu sobre a directora da Orquestra do Conservatorio de Santiago, Carmen Ferreiro.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a apertura do procedemento de adxudicación do servizo de limpeza en edificios e instalacións municipais para os próximos tres anos

16/05/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou a apertura do procedemento de adxudicación do servizo de limpeza en edificios e instalacións dependentes do Concello de Santiago de Compostela, por un importe base de licitación de 4.864.061,76 euros, IVE engadido, e un periodo de tres anos. Dos acordos adoptados informou en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Ler máis

ALCALDÍA

A Xunta Xeral de Mergalicia acorda modificar os estatutos para que a entidade sexa medio propio do Concello

13/05/2022

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o Consello de Administración e a Xunta Xeral de Mercagalicia, na que se acordou a modificación dos seus estatutos para que a sociedade poida ser medio propio do Concello e de Mercasa, sociedade dependente do Ministerio de Agricultura, entre outros cambios. Asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Facenda e Orzamentos, Marta Abal.

Ler máis

ALCALDÍA

Conxo acolle a Festa do Banquete o 20, 21 e 22 de maio

13/05/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polos técnicos municipais Suso Amado e Lucía Castro; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; e a pregoeira María Dolores Domínguez (Madó), presentou esta mañá en rolda de prensa o amplo de programa de actividades da Festa do Banquete de Conxo, en cuxa organización participou tanto o Concello de Santiago como a veciñanza, cun alto nivel de implicación. O día grande das festas será o domingo 22 de maio, cunha romaría...

Ler máis

CONSORCIO

O alcalde visita o avance das obras da cuberta das piscinas do complexo de Fontes do Sar

13/05/2022

O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou na mañá deste venres as obras da cuberta telescópica das piscinas do complexo de Fontes do Sar. Fíxoo acompañado da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, a xerente do Consorcio, Belén Hernández, a arquitecta responsable do proxecto, Idoia Camariuaga, e a xefa técnica do Consorcio, Lourdes Pérez.

Ler máis
Compartir: