ACCIÓN CULTURAL

Chévere celebra 35 anos cunha escolma de actividades e espectáculos durante todo o outono

08/07/2022

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada polo director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, e os compoñentes da compañía Chévere, Xesús Ron, Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, presentou esta mañá o ciclo de espectáculos "Desembarco Chévere" que se desenvolverá ao longo deste outono con motivo do 35 aniversario da mítica compañía. A concelleira parabenizou a Chévere "por estes 35 anos de traballo, coherencia e...

Ler máis

BARRIOS E OBRAS

O luns arranca a segunda fase do lote 1 do plan de asfaltado, que afectará a 13 rúas da zona urbana

08/07/2022

O luns, 11 de xullo, comezarán as actuacións da segunda fase do "Lote 1 de pavimentos asfálticos" en zona urbana, que forman parte do mantemento de viarios municipais que está levando a cabo a concellaría de Barrios e Obras, en colaboración cos departamentos de Urbanismo e de Tráfico. Segundo explicou o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, actuarase sobre 13 viais que suman 3.009 metros cadrados; cun investimento de 111.220,48 euros; o que da un custe de 36,96 euros por metro cadrado.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde visita os Parques de Sintra - Monte da Lua, certificados como experiencia singular de xestións forestal responsable

08/07/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en compañía de responsables de FSC (Forest Stewardship Council) España e Portugal, visitou os parques da cidade portuguesa de Sintra. Os responsables da empresa pública Parques de Sintra – Monte da Lua, S.A., explicaron á delegación de Santiago detalles sobre a conservación da biodiversidade dos montes urbanos de Sintra, en canto que experiencia singular de xestión forestal responsable acreditada coa certificación FSC.

Ler máis
Compartir: