FESTAS

O Compostela Trad Fest ofrecerá máis de 12 horas de música tradicional da man de 70 artistas

26/07/2022

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a presentación do Compostela TRADFEST 22, promovido por La Voz de Galicia, que se celebrará o domingo 31 de xullo en varios espazos da cidade. A xornada, que incluirá obradoiros, concertos ou bailes, entre outras actividwades, pecharase cos concertos de Sheila Patricia no parque de Bonaval e de Xisco Feijóo na praza da Quintana, que presentará o seu último disco "Peixe".

Ler máis
Compartir: