ALCALDÍA

A Xunta de Goberno do luns 19 aprobará a proposta de distribución dos preto de 2,5 millóns de euros de remanente pendentes de asignar

16/04/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou na rolda de prensa deste venres que a proposta do goberno sobre o reparto dos 2.458.929,07 euros do remanente do ano pasado pendentes de asignar será aprobada na sesión ordinaria da Xunta de Goberno local do vindeiro luns, 19 de abril, co obxecto de que poida ser ditaminada pola Comisión de Facenda o xoves 22 e incluída na orde do día do pleno do día 29. Segundo sinalou o rexedor, se o pleno dá o visto bo á proposta, a convocatoria de axudas directas para os sectores...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Luz verde a dúas modificacións de crédito que se destinará a tres proxectos EDUSI e ao contrato do novo sistema de seguridade e comunicación do parque de bombeiros

16/04/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou dúas modificacións de crédito. Unha, por 50.000 euros, destinada a tres proxectos da EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado); e a outra, por 370.013,86 euros, para dar cobertura á adxudicación do contrato de "Subministración e instalación de sistemas de seguridade, comunicacións e modernización do centro de control do Parque de Bombeiros de Santiago de Compostela".

Ler máis
Compartir: