ALCALDÍA
Bonos de estacionamento gratuíto para reactivar o comercio compostelán
Este xoves, o salón verde do consistorio acolleu a sinatura dos convenios de colaboración entre o Concello e as catro principais asociacións de comerciantes da cidade para o desenvolvemento dun programa de reactivación das compras mediante a entrega de bonos de estacionamento. Esta medida enmárcase no Plan Municipal de Reactivación Económica, posto en marcha para paliar os efectos económicos adversos derivados da crise sanitaria da Covid-19.
PATRIMONIO
A retransmisión en directo dos eventos da Noite do Patrimonio ampliará a proxección internacional das Cidades Patrimonio
A Noite do Patrimonio volverá celebrarse o sábado 12 de setembro de forma simultánea nas 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España e todos os eventos e espectáculos do Festival Escena Patrimonio retransmitiranse en directo a través da nova páxina web do Grupo, así como dende a páxina web da Unesco. Así se anunciou na xuntanza telemática dos representantes de Cultura do Grupo, na que participou a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.
PLENO
Os grupos municipais instan ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia a incrementar os fondos das Lei de Dependencia
Os catro grupos municipais aprobaron unha moción conxunta, xurdida dunha iniciativa de CA, instando á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a incrementar os fondos destinados á Lei de Dependencia.
PLENO
Aprobado pola Corporación o estudo de detalle para a mellora da accesibilidade ao grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola
O Pleno da Corporación aprobou definitivamente e por unanimidade o estudo detalle para a dotación da accesibilidade ao grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola, mediante a instalación de ascensores e a mellora da envolvente dos mesmos. Ademais, grazas a unha ordenanza, a veciñanza poderá acceder a unha convocatoria de axudas para a rehabilitación das súas vivendas.