OBRAS
Arrincan as obras de reurbanización da rúa da Batalla de Clavijo
O próximo luns arrincarán as obras de reurbanización da rúa da Batalla de Clavijo, nas que se van investir case 360.000 euros. A actuación está financiada con cargo aos fondos europeos do programa ReVive Edusi-Santiago. Nestes días comezou xa o valado da zona, e os vehículos estacionados teñen de prazo ata mañá venres para seren retirados.
ACCIÓN CULTURAL
"Women (be)coming", a exposición itinerante do proxecto Wom@rts, abre as súas portas en Maribor
Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, proxecto Wom@rts inaugura este venres, 8 de marzo, en Maribor (Eslovenia) a primeira mostra dunha exposición itinerante que percorrerá Europa entre 2019 e 2020. Baixo o título Women (be)coming, a exhibición busca servir tamén de homenaxe ao ensaio O segundo sexo, de Simone de Beauvoir, no 70 aniversario da súa primeira publicación.
PLENO
Rexeitada a creación dunha comisión de investigación sobre os contratos
O Pleno da Corporación rexeitou hoxe a creación dunha comisión de investigación sobre os contratos adxudicados polo Goberno local, tal e como solicitaba o PP. O dos populares foi o único grupo que votou a favor da proposta, rexeitada por Compostela Aberta e o BNG. O PSOE optou pola abstención.
IGUALDADE
O Concello facilita a participación na folga feminista do 8 de marzo e aproba os servizos mínimos
O Concello de Santiago facilita a participación das traballadoras municipais na Folga Feminista prevista para o vindeiro venres, 8 de marzo. Así o trasladaron as concelleiras de Igualdade e de Facenda, Marta Lois e María Rozas, nunha circular remitida esta mañá onde explican que, ao estar rexistrada a folga xeral, "se lle dá cobertura legal a todas as traballadoras do Concello para participar neste día de reivindicación e mobilización".
IGUALDADE
Aurélie Salvaire e outras tres mulleres achegaron a súa experiencia en "Mulleres mudando a balanza"
O Auditorio Abanca acolleu o encontro con empresarias, emprendedoras e profesionais galegas "Mulleres mudando a balanza", organizado pola Concellaría de Igualdade, dentro do programa de actividades con motivo do Día Internacional das Mulleres. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, abriu o evento.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Comeza o ciclo de concertos de música tradicional no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes
O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes acolleu esta mañá a primeira sesión de concertos de música tradicional a cargo de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez. O primeiro centro en participar desta actividae foi o Quiroga Palacios.
DEPORTE
Entregados os premios "Santiago Deporte"
O Concello de Santiago concedeu os premios Santiago Deporte, cos que ser recoñeceu publicamente a persoas e entidades polo labor desenvolvido no 2018 ou na tempada 2017/2018. Os galardóns foron entregados no Auditorio de Galicia nunha gala presidida polo alcalde, Martiño Noriega, e conducida polos xornalistas Silvia Castiñeiras e Fran Cañotas.