CONVIVENCIA
O Servizo de Extinción de Incendios moderniza o seu parque móbil
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e o xefe do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, Manuel Sanmartín, presentaron hoxe os dous vehículos do parque que veñen de ser renovados, "dentro dun plan que continuará nos próximos meses e que ten como obxectivo modernizar o corpo coa vista posta no Xacobeo de 2021", en palabras do edil. Desta vez actuouse no camión cisterna de 13.000 litros e no autobrazo de 42 metros, que foron acondicionados cun investimento de preto de 40.000 euros".
CONSORCIO
O 25 de marzo remata o prazo para solicitar as axudas destinadas a mellorar o mantemento exterior e a eficiencia enerxética dos inmobles da cidade histórica
O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do programa Ter é manter, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago, por un importe global de 150.000 euros. O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro 25 de marzo.
CONSORCIO
A recoñecida intérprete e pedagoga do violín Raquel Castro impartirá clases a músicos/as galegos/as noveis
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago recorre a sentenza que lle outorga á familia Franco a propiedade das estatuas do Mestre Mateo
O Goberno local vén de recorrer hoxe, ante a Audiencia Provincial de Madrid, a sentenza que lle outorga á familia Franco a propiedade das estatuas do Mestre Mateo que o Concello acreditou ter comprado ao Conde de Ximonde no ano 1947. O recurso de apelación fai unha crítica a tres dos argumentos da sentenza de primeira instancia: o que sinalaba que non quedara demostrada a entrega das estatuas ao Concello, o relacionado á identificación das pezas, e o que apela ao usucapión para determinar que as figuras pertencen aos Franco polo tempo...