ALCALDÍA E EMPREGO
Presentado o Plan Estratéxico Talentia 2019-2021, que sitúa "o emprego e o talento no corazón da axenda política"
O Hostal dos Reis Católicos acolleu esta mañá a presentación do Plan Estratéxico Talentia 2019-2021, que busca dinamizar o emprego partindo do talento, non só en Compostela senón na súa contorna. O acto estivo presidido polo alcalde, Martiño Noriega, e nel participaron a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois; o responsable do Comité Executivo de Finsa, Fernando Segade, e o responsable de Innovación de Televés, José Manuel Álvarez. Ademais, asistiron preto de 90...
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este sábado en Dos Hermanas (Sevilla).
CONSORCIO
A soprano Berna Perles cantará esta semana coa Real Filharmonía algunhas das arias máis fermosas de Mozart e Beethoven
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro será o mércores 30 no Auditorio de Ferrol, ás 20:30 horas, en colaboración coa Sociedade Filharmónica Ferrolá. E o xoves 30, a orquestra tocará na súa sede, o Auditorio de Galicia, tamén ás 20:30 horas, no marco da súa tempada de abono. A batuta de ambos os concertos levaraa o mestre venezolano Manuel Hernández-Silva, director musical e artístico da Orquestra Filarmónica de Málaga e da Orquesta...
PLENO
O Pleno aproba de maneira definitiva a ordenanza municipal de terrazas
O Pleno da Corporación aprobou hoxe de maneira definitiva a ordenanza municipal reguladora de terrazas e quioscos de hostalería. O texto, que incorporou parte das alegacións presentadas tras a aprobación inicial da ordenanza, contou cos votos a favor de Compostela Aberta e a abstención do resto de grupos municipais.