CONSORCIO
O Consorcio de Santiago remata as obras de conservación da igrexa de San Pedro de Busto
No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, interveuse na igrexa de San Pedro de Busto, do século XII, situada na parroquia de Busto. O organismo interadministrativo destinou a esta obra un orzamento de 35.385,46 euros.
DEPORTES
Comezan as obras para renovar o sistema de iluminación do campo de fútbol de Lamas de Abade
Esta semana comezan as obras que permitirán renovar o sistema de iluminación do campo de fútbol de Lamas de Abade. Así o anunciou en rolda de prensa a concelleira de Deporte, Noa Morales, quen indicou que os traballos, axudicados a Ferrovial Servicios, terán unha duración de oito semanas, se ben só será preciso pechar o campo durante unha semana. O investimento alcanza os 68.055 euros.
MEDIO AMBIENTE
Sete colexios de Santiago participan no proxecto Compostaxe na Escola
Sete centros de ensino de Compostela están a participar no proxecto Compostaxe Comunitaria na Escola, impulsado pola Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia. O edil Xan Duro visitou esta mañá un dos colexios implicados, o CEIP de Vite, onde os propios rapaces e rapazas se encargan de recoller os residuos orgánicos para levalos aos composteiros. A súa intención é acondicionar un xardín vertical no que utilizarán o compost.