ACCIÓN CULTURAL

Talía Teatro celebra o seu 30 aniversario coa estrea de "O servidor de dous amos" este mércores no Teatro Principal

12/02/2018

O Teatro Principal acolle esta semana a estrea do último espectáculo de Talía Teatro. A compañía compostelá celebra 30 anos de historia e faino con O servidor de dous amos, unha volta ao texto clásico do teatro italiano que dirixe e adapta Diego Rey. A obra terá catro funcións en Santiago de Compostela, do mércores 14 ao sábado 17 de febreiro, sempre ás 20:30 horas.

Ler máis

EMPREGO

Asinado o convenio para a acreditación da formación do programa municipal "Mocidade con Emprego"

12/02/2018

O Concello de Santiago e a Consellería de Economía, Emprego e Industria asinaron hoxe un convenio para a acreditación da formación impartida no marco do programa municipal Mocidade con Emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O acordo recolle as características que deben ter os itinerarios formativos para que o seu alumnado reciba da Xunta os certificados de profesionalidade.

Ler máis

FESTAS

Oito carrozas, catorce comparsas e cinco grupos participarán no desfile do martes de Entroido

12/02/2018

O punto álxido do Entroido 2018 chega esta martes co desfile-concurso de carrozas, comparsas e grupos. Por mor das obras que se están a executar na estación do ferrocarril, a avenida de Ferrol servirá este ano de punto de encontro para a ruada do martes de Entroido. Oito carrozas, catorce comparsas e cinco grupos intervirán nesta festa para a que tamén se inscribiron once parellas e oito persoas candidatas ao mellor disfrace individual.

Ler máis
Compartir: