LINGUA

Mariña Abollo, Julia Pérez e Aarón Bello recibiron dos Reis os seus agasallos como gañadores do certame do Correo de Nadal

05/01/2018

O Correo do Nadal recolleu durante as pasadas semanas centos e centos de cartas escritas polos nenos e nenas de Santiago dirixidas aos personaxes máxicos que cada ano lles traen os agasallos destas festas. Entre as misivas recibidas, foron escollidas e serán premiadas as de Mariña Abollo (5 anos), Julia Pérez (8 anos) e Aarón Bello (8 anos).

Ler máis

NADAL

O Mercado de Nadal abrirá por última vez no Día de Reis

05/01/2018

A programación de Nadal de Compostela achégase ao seu fin coa última xornada da meirande parte das súas actividades. O Mercado de Nadal e o Bosque de Libredón conclúen mañá a súa actividade. Tamén será a derradeira ocasión para gozar da iluminación especial das esculturas da Alameda.

Ler máis

MERCADOS

Sorteo dos bonos-desconto da campaña de Nadal do Mercado de Abastos

05/01/2018

A concelleira de Mercados, Noa Morales, asistiu ao sorteo de Nadal organizado pola cooperativa da Praza de Abastos. Representantes de equipos deportivos da cidade coma o Obradoiro CAB, a SD Compostela, o Santiago Futsal ou o Victoria FC feminino foron as mans inocentes neste sorteo da campaña de Nadal, que repartiu uns 10.000 euros en premios.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reivindica a figura de Valle-Inclán na ofrenda floral na súa honra

05/01/2018

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asistiron á tradicional ofrenda floral en Boisaca polo pasamento de Ramón María del Valle-Inclán, nesta ocasión cumpríndose 81 anos da súa morte. Á ofrenda asistiron tamén, entre outras personalidades, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o vicepresidente da Fundación Valle-Inclán, José Juan Durán, e o voceiro municipal do PP, Agustín Hernández.

Ler máis
Compartir: