TURISMO

O Concello aborda en Salamanca os retos turísticos de Compostela nunha xornada sobre xestión do patrimonio

24/01/2018

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participou esta mañá no seminario "Xestión do patrimonio mundial" organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade. Estas xornadas veñen a dar continuidade ás celebradas o pasado mes de novembro en Compostela, onde representantes dos 15 concellos abordaron os avances nos seus Plans de Xestión.

Ler máis

CENTROS CÍVICOS

Adxudicado o servizo de dinamización e mediación sociocultural da rede de centros cívicos

24/01/2018

A Xunta de Goberno vén de adxudicar á empresa Ferrovial o servizo de dinamización e mediación sociocultural da rede de centros cívicos do Concello de Santiago. O contrato ten un orzamento de 1.120.000 euros anuais e terá unha vixencia de dous anos, prorrogables por outros dous. A de Ferrovial foi a oferta mellor valorada, sobre todo no relativo á proposta de organización técnica da rede e á programación presentada.

Ler máis

ECONOMÍA

Corenta e cinco expositores porán á venda preto de 30.000 pezas na V Feira de Antigüidades

24/01/2018

A concelleira María Rozas presentou esta mañá a V Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage que se celebrará no Pazo de Congresos os días 26, 27 e 28 de xaneiro. Xunto a ela estiveron os organizadores da Feira, Marycruz Madrid e Ángel Moix e a directora do Pazo de Congresos Belén Montero. Durante a rolda de prensa, a concelleira destacou a atracción que xerou xa o ano pasado a IV Feira, na que se mostraron 30.000 pezas de diversos países, e cunha asistencia que rondou as 2.500 persoas.

Ler máis
Compartir: