CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio e Fundación ONCE asinan un convenio para promover a inclusión social de persoas con discapacidade
O obxectivo é desenvolver un programa de accesibilidade universal ao patrimonio cultural que estas cidades atesouran. Así mesmo, impulsarase a contratación de persoas con discapacidade e valorarase a accesibilidade na concesión de axudas e subvencións.
IGUALDADE
O Concello conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBI
A Praza do Obradoiro acolleu esta mañá un acto en conmemoración do orgullo LGTBI, que se celebra cada 28 de xuño. No acto estiveron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, varios concelleiros e concelleiras de todos os grupos políticos e membros dos colectivos Amizando, Ultreia e Arelas.
ALCALDÍA
Reivindicación unánime para que Santiago conte cun xulgado especializado en cláusulas solo
O alcalde recibiu hoxe o novo decano do Colexio de Avogados de Santiago, Francisco Rabuñal, que estivo acompañado polo seu antecesor no cargo, Evaristo Nogueira. Na xuntanza tamén participaron os voceiros de PP, Agustín Hernández, PSOE, Paco Reyes, e BNG, Rubén Cela.
ACCIÓN CULTURAL
Me & The Bess + Alto Volta abren TerraZeando 2017
Comeza TerraZeando, a sexta edición de ciclo de concertos ao fresco, que por mor da chuvia cambia a ubicación da Finca do Espiño a Sala Sónar. Será mañá xoves 29 de xuño ás 21.00h con entrada de balde.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Comeza o Programa de Conciliación de Verán
Os CEIPS Raíña Fabiola e das Fontiñas acollen dende o pasado luns as actividades do programa de conciliación de verán que este ano leva por nome "Multiaventura en Compostela".