ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música de Santiago ofrecerá 17 concertos no seu Ciclo de Primavera
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o director da Banda Municipal de Música, Casiano Mouriño, presentaron hoxe o Ciclo de Primavera da formación, que inclúe un total de 17 actuacións. Moitas delas están vinculadas á programación de Semana Santa, e noutras a Banda continúa coa súa liña de colaboracións con distintas entidades e colectivos de Compostela.
EMPREGO
O FIE 2017 fomentará a xestión de ata 100 novos postos de traballo
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá o Foro de Innovación para o Emprego 2017, que se celebrará no Palacio de Congresos os próximos 11 e 12 de maio. O tema central desta edición serán os sectores da economía circular.
POLÍTICAS SOCIAIS E DIVERSIDADE
O espectáculo "Cerebro, artes, acción" busca a integración de 20 persoas a través das artes escénicas
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá o espectáculo de danza Cerebro, artes, acción, enmarcado no programa Torre de Babel. Na rolda tamén estiveron algunhas integrantes do equipo artístico.
ALCALDÍA
O alcalde reitera a súa solicitude de reunión co ministro de Fomento
O alcalde vén de reiterar hoxe a súa solicitude de manter unha xuntanza co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, para analizar a situación na que se atopan varias infraestruturas pendentes en Santiago. Martiño Noriega mostrouse confiado en que "esta petición sexa atendida, para resolver canto antes algunhas dúbidas sobre as actuacións comprometidas".
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Visita didáctica á ETAP
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, acompañado polo xerente de Viaqua, José Antonio Rey, participou este martes nunha visita didáctica á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), á que asistiu un grupo de escolares do IES Lamas de Abade.