IGUALDADE

O espectáculo "Bravas e diversas", de Chévere, centra a programación para o vindeiro 8 de marzo

02/03/2017

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, deu a coñecer os detalles da gala que o Concello e Chévere teñen preparada para o vindeiro 8 de marzo no marco da campaña polo Día Internacional das Mulleres. Na rolda estivo acompañada de parte do persoal do espectáculo: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar, Esther Carrodeguas, Clara Gayo e Renata Otero.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Volven as Liñas Paralelas cos "Contos no espello"

02/03/2017

Volve o programa Liñas Paralelas, de sesións de relato breve e música. Fano con Contos no espello, da man de Pepe Sendón e Marcos Teira, cunha proposta de narración oral e música como experiencia única, onde o espello como enigma e atractivo literario se une á ollada que duplica, distorsiona e está presente de xeito permanente na sala espellada do Centro Sociocultural de Conxo.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Aberto o prazo de inscrición para a 14ª edición do Festival Internacional Curtocircuíto

02/03/2017

Xa está aberto o prazo para participar na 14ª edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, que se celebrará do 1 ao 8 de outubro deste ano, 2017. Todos os que queiran inscribir as súas curtametraxes poden facelo, de balde a través da plataforma shortfilmdepot.com, sendo a data límite para facelo o 31 de maio de 2017. As curtametraxes teñen que durar un máximo de 59 minutos (títulos de crédito...

Ler máis
Compartir: