ACCIÓN CULTURAL
Voadora presenta a súa versión do "Soño dunha noite de verán", de Shakespeare
A compañía de Teatro Voadora representa a súa versión do Soño dunha noite de verán, de William Shakespeare, esta semana dentro do ciclo Teatro & Danza da Concellaría de Acción Cultural. Será con catro funcións de mércores a sábado, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. Presentáronas esta mañá a primeira tenente de alcalde, María Rozas, e dous membros da compañía: Hugo Torres, actor e compositor, e José Díaz, tamén actor e...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello reforma a zona de xogo infantil do Colexio López Ferreiro
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, acudiu hoxe ao CEIP López Ferreiro para inaugurar a nova zona de xogo infantil do centro. Estivo acompañado polo seu director e por un grupo de alumnos e alumnas de primeiro curso de Educación Infantil.
ALCALDÍA
Recoñecemento municipal a Borja Golán tras o seu décimo quinto título de campión de España
O Concello de Santiago volveu recoñecer hoxe a traxectoria de Borja Golán, que vén de conseguir o seu décimo quinto título de campión de España de squash. Foi cunha recepción que presidiu o alcalde, Martiño Noriega, e á que tamén asistiron a concelleira de Deporte, Noa Morales, e os voceiros de PP e BNG, Agustín Hernández e Rubén Cela.
SAÚDE
Recepción a participantes e relatores no CIMQ'17
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, acompañada dos concelleiros Rubén Cela (BNG) e Alejandro Sánchez-Brunete (PP) recibiu unha representación dos e das participantes Congreso Internacional Médico-Quirúrxico (CIMQ'17), que se celebra ata o mércores 15 de marzo na Facultade de Medicina. Preto de 350 congresistas participan no evento.
OBRAS
Comezan as obras de reparación de pavimentos no barrio de Conxo
Este luns comezaron as obras de reparación de pavimentos en Conxo, vinculadas ao gran contrato de mantemento licitado polo Goberno local. Os traballos afectaranlle á maior parte dos viarios do barrio, moitos deles en mal estado por mor dos desvíos de tráfico das obras do paso inferior. As obras arrancaron polo contorno do hospital psiquiátrico e da escola infantil, e está previsto que se prolonguen por dúas semanas, en función das condicións meteorolóxicas.