ALCALDÍA
O Concello estudará a forma de revitalizar o campo de fútbol das Brañas de Sar
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres co presidente da Agrupación Folclórica Colexiata de Sar, Rafael Sexto, e co seu fundador e párroco de Sar, José Porto. Foi unha xuntanza para repasar as necesidades da parroquia e buscar fórmulas que permitan dinamizar esta parroquia, que xunta ámbitos de diversos barrios da cidade. Na reunión tamén participaron os concelleiros Mercedes Rosón e Gonzalo Muíños.
ACCIÓN CULTURAL
A IV edición do Festival herDanza leva de novo o baile contemporáneo a espazos singulares
O Festival herDanza alcanza a súa cuarta edición do 2 ao 7 de setembro. O evento reforza nesta nova entrega os seus obxectivos de promoción e difusión da danza da contemporánea, de fomentar o encontró entre profesionais do sector e de dar visibilidade aos creadores e creadoras de Galicia. E todo isto en espazos singulares da cidade, non habituais para os espectáculos de danza.
UMAD
"Soledad, a Poppins de Sar", un novo mural de gran formato en Romero Donallo
Estes días, o artista Joseba Murazábal está a rematar un mural de gran formato na fachada lateral dun edificio da avenida de Romero Donallo. O seu título, "Soledad, a Poppins de Sar", lembrando a unha muller de Compostela, xa falecida, á que o artista coñeceu grazas aos textos da súa neta, a escritora María von Touceda.