EDUCACIÓN

O vindeiro 2 de maio ábrese o prazo de inscrición para os obradoiros de verán e do curso 2024-2025 nas Escolas Infantís Municipais

30/04/2024

As Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, ofertan para este verán un total de 45 prazas dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 8 anos. Tamén poderán solicitarse as prazas para os obradoiros que se desenvolverán ao longo do curso 2024-2025, desde setembro ata xuño. Para ambas modalidades o prazo de inscrición estará aberto desde o 2 ata o 10 de maio.

Ler máis

FESTAS

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa de actividades para todos os públicos

30/04/2024

As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto de concertos e actuacións musicais para todos os gustos, monicreques, drons e eventos deportivos, sen esquecer a vertente máis tradicional con citas como a comparsa de Cabezudos, o Torneo da Chave ou os Cantos de Taberna. A orquesta Panorama, Fillas de Casandra ou Billie Marten son algunhas das actuacións destacadas así como o concerto dos 40 e o Composfest que traerá a artistas locais como Dios Ke Te...

Ler máis

LINGUA

O mes de maio chega ao Espazo Apego con moitas ganas de troula

30/04/2024

Maio en Compostela significa festa, e as da Ascensión son a celebración compostelá por excelencia, polo que as actividades do proxecto Apego vanse complementar coas que ofrecerá o programa das Festas que se pode consultar na web municipal. O prazo de inscrición na oferta do Espazo Apego xa está aberto.

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

Pepón Nieto e Andrés Lima volven ao Auditorio de Galicia con ‘La comedia de los errores’

30/04/2024

A Sala Ángel Brage do Auditorio acollerá este sábado unha nova revisión da primeira das comedias de Shakespeare que asina Albert Boronat. Pepón Nieto encabeza un elenco no que toman parte Antonio Pagudo, Fernando Soto, Rulo Pardo, Avelino Piedad e Esteban Garrido. As entradas para o espectáculo poden ser adquiridas na web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C e no do Auditorio de Galicia

Ler máis
Compartir: