XUVENTUDE

Os talleres formativos sobre os Orzamentos Participativos de Xuventude continúan nos IES e chegan á Universidade

01/02/2024

A concelleira de Xuventude continúa presentando os Orzamentos Participativos nos institutos de Santiago, en obradoiros formativos nos que están a participar centos de alumnos e alumnas do Ensino Secundario. Os talleres chegaron esta semana ao IES Rosalía de Castro, onde estivo a concelleira María Rozas. Nos próximos días, esta actividade desenvolverase tamén en varias facultades da USC, co obxectivo de animar á participación no proceso, no que se vai decidir o destino de 100.000 euros para actividades do departamento.

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio renovan o seu compromiso coa accesibilidade no congreso de Tarragona

01/02/2024

As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España renovaron o compromiso coa accesibilidade como un dos piares da xestión do patrimonio, xunto coa educación, a seguridade, o medio ambiente, a conservación e a sinalización dos monumentos e recintos, durante o Congreso sobre 'Accesibilidade nas Cidades Patrimonio', que organizou o GCPHE en Tarragona. As xornadas contaron coa participación do concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, que salientou que "a accesibilidade é un dos grandes retos do futuro e un dos elementos...

Ler máis

ALCALDÍA

A concelleira Pilar Lueiro asistiu á Asemblea Xeral do Eixo Atlántico na que se elixiu como novo presidente da entidade a Luís Nobre, alcalde de Viana do Castelo

01/02/2024

A XXXII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico aprobou a adhesión do municipio de Fafe. A entidade pasa así a ser constituída por 40 cidades e dúas deputacións. Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras, asumirá a vicepresidencia. A concelleira de Relacións Veciñais e Rural, Pilar Lueiro, participou na Asamblea en representación do Concello de Santiago.

Ler máis
Compartir: