DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Todo listo para a I edición da Feira de Emprendedoras de Compostela
Este venres 7 de xuño, o Edificio CIEDUS (Finca Vista Alegre) acollerá a I Feira de Emprendedoras de Compostela, organizada conxuntamente pola Concellaría de Desenvolvemento Económico e o programa Woman Emprende da USC. A feira nace co obxectivo de achegar á cidadanía as diferentes iniciativas empresariais lideradas por mulleres e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na nosa contorna. Nesta primeira edición, a temática e o sector escollido é o artesanal.
ALCALDÍA
Novo debate en torno á exposición "A cidade, o Camiño e nós"
Con motivo da exposición A cidade, o Camiño e nós, organizada polo Concello de Santiago e a Rede Galabra (Universidade de Santiago) e aberta no paseo da Ferradura da Alameda, vaise celebrar unha mesa redonda esta martes 4 de xuño, ás 19:30 horas, no IES Rosalía de Castro. Os/as participantes debaterán sobre os diversos perfís da cidade, a influencia dos mesmos nas persoas e na actividade de Compostela e a súa relación con visitantes e turistas.
FESTAS
Este martes, día do neno nas atraccións da Alameda, que continuarán instaladas ata o vindeiro domingo
As festas da Ascensión concluíron o seu programa, pero as atraccións instaladas na Alameda con motivo desta celebración seguirán aínda ata o vindeiro domingo, 9 de xuño.
POLÍTICAS SOCIAIS
Asinados once convenios con entidades sociais por un total de 173.500 euros
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asinou hoxe un total de 11 convenios con entidades sociais por un importe total de 173.500 euros, que permitirán desenvolver actividades de distinta índole durante este 2019.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido o pasado xoves en Aguimes (Gran Canaria).
CONVIVENCIA
Aberto ata o 10 de xuño o prazo de solicitude dos permisos para as cacharelas e/ou sardiñadas de San Xoán
O prazo para solicitar os permisos para a celebración das cacharelas e/ou sardiñadas de San Xoán continúa aberto ata as 14:00 horas do luns 10 de xuño. A documentación debe presentarse no Rexistro Xeral do Concello, se ben os particulares poden facer a súa solicitude a través da páxina web municipal.