ALCALDÍA
Catro axentes da Policía Local incorporaranse na primavera ao VioGén
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, presidiron a Xunta Local de Seguridade, reunida no Pazo de Raxoi. Ademais de analizar os datos da evolución dos delitos no que vai de ano e de perfilar o dispositivo de seguridade para os actos protocolarios e festivos dos vindeiros días, na xuntanza abordouse a incorporación da Policía Local ao Sistema VioGén (Sistema de Seguimento Integral nos Casos de Violencia de Xénero).
FESTAS
Bad Religion tocará no Multiúsos Fontes do Sar o vindeiro 30 de maio
A xira do 40 aniversario de Bad Religion terá parada en Santiago de Compostela. Será nun concerto que se celebrará o sábado 30 de maio no Multiúsos Fontes do Sar. As entradas poranse á venda mañá venres ás 11:00 horas, a través da web badreligion.resurrectionfest.es, cunha oferta de lanzamento especial de 1.000 entradas a 39 euros + gastos. O resto de entradas custarán 44 euros + gastos.
DEPORTES
Santa Isabel acolle este domingo o Campionato Galego de Karate Sénior, Para-Karate e Máster
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou este xoves o Campionato Galego de Karate Sénior, Para-Kárate e Máster, que se celebrará este vindeiro domingo no Polideportivo Municipal de Santa Isabel, organizado pola Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas e promovido polo Concello.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Encontro co activista Alfredo Okenve, Premio franco-alemán de Dereitos Humanos
O concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, recibiu a Alfredo Okenve, Premio franco-alemán de Dereitos Humanos e Estado de Dereito no ano 2018. No acto tamén participaron a primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón; o edil popular José Antonio Constenla; a concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra e a voceira do BNG, Goretti Sanmartín.
PLENO
A Corporación aproba unha declaración de rexeitamento á planta de residuos de Miramontes
O Pleno aprobou na súa sesión deste xoves varias declaracións institucionais aprobadas por unanimidade, entre elas unha de rexeitamento do desenvolvemento da planta de valoración de residuos da construción e demolición de Miramontes, outra para facer fronte á emerxencia climática e unha máis para investigar e divulgar o labor do Grupo Nós.
FESTAS
O Apalpador chega este venres dende O Courel cargado de castañas para ás máis pequenas e pequenos
Un ano máis, o Apalpador chegará dende O Courel para saudar as crianzas de Compostela. A ruada do Apalpador, organizada pola Asociación Semente Compostela coa colaboración do Concello, sairá mañá venres, a partir das 18:00 horas, do local da Asociación Gentalha do Pichel na rúa de Santa Clara.
TURISMO
Case nove mil persoas visitaron xa o belén tradicional de San Fiz
Nas primeiras dúas semanas de apertura, o belén tradicional da igrexa de San Fiz de Solovio rexistrou a visita de 8.985 persoas, cunha media de 691 por día. Os picos de asistencia ocorreron durante a Ponte da Constitución, cando en só tres días acudiron ao templo compostelán 4.030 persoas.
EDUCACIÓN
Publicadas as relacións de admitidos/as e excluídos/as no Programa de Conciliación de Nadal
A Concellaría de Educación vén de publicar a relación de admitidos/as e excluídos/as no Programa Municipal de Conciliación de Nadal, que se desenvolverá os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2019 e o 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020 no CEIP Monte dos Postes e no CEIP Ramón Cabanillas. As relacións poden consultarse nos documentos adxuntos.
PLENO
Ratificada polo Pleno a suspensión cautelar do procedemento de autorización de novos usos de aloxamento temporal
O Pleno da Corporación aprobou este xoves a suspensión cautelar do procedemento de autorización de usos de aloxamento temporal. Esta medida cautelar adóptase mentres se tramita unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para regular esta materia. A suspensión saíu adiante cos votos favorables de PSdeG-PSOE, Compostela Aberta e BNG e coa abstención do PP.