ACCIÓN CULTURAL
O parque de Bonaval acolle un ciclo de cine clásico ao aire libre durante tres fins de semana de agosto
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta hoxe do ciclo de cine ao aire libre que se celebrará no parque de Bonaval os días 10, 11, 17, 18, 24 e 25 de agosto. A actividade resultou ser unha das máis votadas no proceso de Orzamentos Participativos do ano pasado na modalidade de festas do Apóstolo e adiouse ao mes de agosto a petición da persoa propoñente.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
As obras de mantemento nos centros públicos estarán rematadas para o comezo do novo curso
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou hoxe as actuacións de mantemento que o Concello de Santiago está a desenvolver no CEIP de Vite e que se suman ás que se levan a cabo no resto de colexios de infantil e primaria e nas escolas infantís municipais. Na visita estivo acompañado polo director do centro, Pablo Fernández e polo presidente da ANPA, José Soto.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia interpretará este venres "O mencer dos soños", do galego Xavier de Paz
No marco da 61ª edición do Curso Universitario Internacional de Música Española "Música en Compostela", a Real Filharmonía de Galicia participa cun novo concerto mañá venres. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.