XUNTA DE GOBERNO
Desestimado o recurso interposto contra a adxudicación do servizo de dinamización da rede de Centros Cívicos
A Xunta de Goberno deu conta hoxe da resolución do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais que desestima integramente o recurso interposto por Arasti Barca contra a adxudicación do servizo de dinamización e mediación sociocultural da rede de Centros Cívicos. Deste xeito, o Concello segue adiante co procedemento de contratación, e require a Ferrovial para a formalización do contrato.
CENTROS CÍVICOS
O CSC de Santa Marta celebra o Día Internacional da Nai Terra con varias actividades durante o mes de abril
O Centro Sociocultural de Santa Marta únese á celebración do Día Internacional da Nai Terra (22 de abril), con diversas accións durante este mes para toda a veciñanza. O obxectivo é fomentar a harmonía coa natureza para alcanzar o equilibrio xusto entre as necesidades económicas, sociais e medioambientais das xeracións presentes e futuras.
FACENDA
A Dirección Xeral do Catastro estimou o 83% das alegacións presentadas ao proceso de regularización
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta este venres da finalización do proceso de regularización catastral, que puxo en marcha a Dirección Xeral do Catastro (dependente no Ministerio de Facenda e Administracións Públicas) no período 2013-2017. No caso do Concello de Santiago, esa regularización produciuse durante o ano pasado, afectando finalmente a case 10.000 veciños e veciñas de Compostela.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello destinará case medio millón de euros á reparación e consolidación da Ponte de Vidán
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto de reparación e consolidación da Ponte de Vidán, orzamentado en case medio millón de euros, e cun prazo de execución de 5 meses. A infraestrutura sufrira importantes danos durante as obras de construción do colector xeral do río Sar.
ALCALDÍA
O alcalde agradece a Jesús Asorey a súa dedicación na Cámara e no Foro Cívico
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu este venres a Jesús Asorey, presidente da Cámara de Comercio de Santiago, que deixa o seu cargo este mes de abril despois de 20 anos á fronte do organismo. No encontro tamén participou o secretario xeral en funcións da Cámara, Fernando Barros.