ALCALDÍA
Concello e Tráfico comezan a preparar o operativo para o Ano Santo 2021
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres coa xefa provincial de Tráfico da Coruña, Victoria Gómez Dobarro. Na xuntanza tamén participaron o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, integrantes da Xefatura e responsables da Policía Local de Santiago.
ALCALDÍA
O Goberno local reactivará o Consello Municipal de Persoas Maiores
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres coa presidenta da Asociación de Pensionistas de Santiago, Manuela Fraguela, e con outros/as integrantes da directiva. O rexedor comunicoulles a súa intención de reactivar o Consello Municipal de Persoas Maiores e de estudar políticas concretas de apoio ao colectivo.
ALCALDÍA
Recepción en Raxoi á Federación Autismo Galicia
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a Federación Autismo Galicia, en nome da cal estiveron en Raxoi a súa xerenta, Patricia Blanco, e a súa responsable de Comunicación, Adriana Pazos.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo aposta polo modelo de industrialización e de captación de investimentos dos concellos do norte de Portugal
Tras participar esta semana en Portugal na presentación dun informe do Eixo Atlántico sobre captación de investimentos para os concellos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, puxo como exemplo os municipios do norte de Portugal de modelos exitosos de industrialización e de captación de empresas. Por iso, anunciou que se vai intensificar a colaboración con concellos como Viana do Castelo, Braga ou Coímbra para traballar nesta materia e tamén noutras como o turismo ou a investigación.
TURISMO
Ábrese o prazo de inscrición para o XII Santiago(é)tapas e o I Santiago(é)cóctel
Este venres, 4 de outubro, comeza o prazo de inscrición para a XII edición do Santiago(é)tapas, o concurso de tapas de Santiago, un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalería Compostela, co apoio da Deputación de A Coruña e o patrocinio de Mahou. Ademais, tamén se inicia o prazo de inscrición da I edición do Santiago(é)cóctel, o novo concurso de cócteles de Santiago, organizado pola Asociación Hostalería Compostela.