ALCALDÍA
Ampliación de noticia: informes xurídicos relativos á sentenza que anulaba a licenza de obras da gasolineira de Brandía
Ao final desta información achéganse os informes da Asesoría Xurídica e da Dirección de Área de Urbanismo que completan a información publicada o 2 de decembro na web municipal e que se recolle a continuación:
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as obras de reforma do Salón de Plenos e as de pavimentación de vieiros en Villestro e Laraño
A Xunta de Goberno local deu luz verde á adxudicación das obras de reforma do Salón de Plenos e de vieiros en Villestro e Laraño por algo máis de 168.000 euros, así como ao proxecto para eliminar as humidades no pavillón polideportivo do CEIP Pío XII. Entre os asuntos tratados tamén destaca a aprobación da primeira fase de subvencións en especie para a mellora da accesibilidade en promocións de vivendas do século pasado localizadas en barrios e áreas de rehabilitación integral, con cargo...
PROTECCIÓN CIVIL
Adornos de nadal solidarios para as familias refuxiadas ucraínas
Desde a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago de Compostela púxose en marcha unha campaña para a recollida de árbores artificiais e adornos de Nadal para as familias refuxiadas ucraínas que hai na nosa cidade. Ata o 16 de decembro pódense entregar elementos decorativos do Nadal para que a maxia destas datas chegue tamén a estas familias. Poden achegarse á base de Protección Civil en Av. Fernando Casas Novoa, 20. Local 1 (Estadio de San Lázaro) chamando ao 689 499 690.
COMERCIO
Expedido o Bono Corazón número 44.154: o último bono co que se inxectan no comercio local máis de tres millóns de euros
Ás 13:37h expediuse o último bono da campaña dos Bonos Corazón Compostela. Con el son xa un total de 44.154 bonos por valor de 3.125.000 euros dos que, polo de agora, xa foron consumidos máis de un millón e medio. Unha boa nova "para o comercio, a hostalaría e toda a cidade" explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, que insiste en que "se trata de inversións que se reteñen na propia cidade, que incentivan o consumo no comercio de proximidade e supón unha axuda ás familias fronte a suba de...
ALCALDÍA
O alcalde congratúlase de que Galicia vaia albergar a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial
"Nós contribuímos cos medios que tiñamos ao noso alcance para apoiar a alternativa de A Coruña e congratulámonos de que a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial se instale en Galicia". Con estas palabras, o alcalde celebra a decisión do Consello de Ministros de ubicar este órgano en Galicia no marco do proceso de descentralización administrativa.