URBANISMO
O Plan Especial de Conxo recolle a recuperación dos volumes do mosteiro e do psiquiátrico
O Goberno municipal vai enviar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do "Plan especial de protección e rehabilitación da igrexa, hospital psiquiátrico e mosteiro de Conxo cos seus xardíns e hortas, zonas de acceso e núcleos da contorna (PE-1R)" formulado polo Consorcio de Santiago, segundo o acordado esta semana en Xunta de Goberno. Este plan, que contempla, entre outras actuacións a recuperación...
PECHE DA PORTA SANTA
O peche da Porta Santa pon fin ao primeiro dobre Ano Santo da historia
O arcebispo compostelán, Julián Barrio, pechou simbólicamente a Porta Santa, dando así por terminado os Anos Santos 2021 e 2022, marcados pola pandemia do COVID e a posterior recuperación coa chegada a Compostela de milleiros de visitantes e peregrinos ao longo deste ano.
ALCALDÍA
O alcalde felicita o novo ano celebrando que o 2022 foi récord no sector turístico e se conseguiu reactivar a economía de Santiago
Xosé Sánchez Bugallo fixo balance do 2022 na súa felicitación do ano novo. Un ano que, no turístico, "bateu tódolos récords" con un gran tráfico de viaxeiros no ámbito ferroviario e aeroportuario. De feito, superáronse os tres millóns de viaxeiros no aeroporto Rosalía de Castro, sendo o aeroporto galego que mellor se recuperou trala crise, superando nun 15% as previsións de Aena para o 2027 neste mesmo ano.
DEPORTES
Comunicado sobre a anulación e o aprazamento IX Edición da Carreira San Silvestre, o Campionato de Galicia de 5 quilómetros e o cotillón de fin de ano
O Concello de Santiago, a través do seu Departamento de Deportes, e a Federación Galega de Atletismo comunican a suspensión esta tarde da IX Edición da Carreira San Silvestre de Santiago e do Campionato de Galicia de 5 quilómetros en ruta por razóns de seguridade debido ás condicións meteorolóxicas adversas. Asi mesmo, estas condicións meteorolóxicas obrigan tamén a suspender o cotillón previsto a partir das 23 horas na Praza do Obradoiro coa actuación da orquestra Fania Blanco Show.