FESTAS
Regresa a maxia a Compostela coa chegada á cidade das SSMM os Reis Magos de Oriente
"Cóntame unha cabalgata" é o lema escollido para a visita deste ano das Súas Maxestades. Os contos clásicos e os personaxes que figuran na imaxinación da cativada percorrerán as rúas de Compostela. Dende Conxo ata o Obradoiro adozarán esta tarde chea de ilusión e moita maxia para toda a cativada compostelá tras dous anos sen a Cabalgata por mor da pandemia.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas o 22 de decembro en Asturias e o 26 de decembro en Barcelona, vítimas de violencia machista
URBANISMO
O Concello de Santiago avanza na tramitación do proxecto da plataforma loxística de mercadorías
O Concello de Santiago de Compostela avanza na tramitación da plataforma loxística de mercadorías, proxectada a carón do Polígono do Tambre. Esta semana aprobouse inicialmente, en Xunta de Goberno, o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID); e o proxecto de expropiación por taxación conxunta para a execución da primeira fase do citado plan. Tamén se deu luz verde ao convenio con MERCA S.A. para a definición do anteproxecto, redacción do proxecto, execución de obra e dotación deste...