IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado 19 de decembro na provincia de Zaragoza, vítima de violencia machista
PLENO
O Pleno municipal aproba por unanimidade do Pacto polo Rural
O Pleno do Concello de Santiago deu hoxe luz verde á aprobación do Pacto polo Rural, un documento que recolle unha serie de accións concretas a implementar entre o 2023 e o 2030 co fin de mellorar o estado actual do rural municipal. Tamén se aprobou o proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestructura verde da Cidade de Santiago "Entre Sar e Sarela".
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Un total de 22 propostas finalistas aspiran a gañar os Premios Youtubeiras 2022 nunha gala de entrega que se celebrará en Carballo o vindeiro 28 de xaneiro
O xurado, conformado por Mario Brión (Olanxonmario), Alba Rodríguez, Mónica Fernández, Carmen Nieto e Elvira Nercellas, escolleu como finalistas ao premio Youtubeira/o do ano a Anxo Sánchez, Neeumatiko e La Bisonte. ‘Toxío’, ‘Tonio Cociña Galega’ e ‘Fica Coa Bola’ competirán polo galardón á mellor canle. Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, entre eles Santiago de Compostela; polas tres universidades galegas e pola Deputación...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o convenio entre o Concello e a Deputación para executar as obras do primeiro tramo da Vía Verde
A través deste convenio, a Deputación da Coruña levará a cabo as actuacións de contratación, execución e dirección das obras descritas no proxecto, que contan cun orzamento total de preto de 800.000 euros; 500.000 euros achegados polo ente provincial, e 300.000, polo Concello.