IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas o 11 de decembro en Lleida e o 16 de decembro en Dos Hermanas (Sevilla), vítimas de violencia machista
MOCIDADE
A nova edición do programa formativo Go2Work en emprendemento musical desenvolverase no Centro Xove da Almáciga
O Centro Xove de Creación Cultural do Concello de Santiago acollerá o novo espazo de coworking Go2Work dedicado ao emprendemento musical que organizan a Escola de Organización Industrial (EOI) e a Fundación Paideia Galiza. Todas as persoas interesadas poderán inscribirse ata o 22 de decembro e participar de forma gratuíta neste programa de desenvolvemento profesional cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
ALCALDÍA
Luz verde da maioría dos axentes sociais á ‘operación Peleteiro’
Reunidos na tarde do martes na Comisión Mixta, a maioría dos axentes sociais representados, amosaron o seu apoio á modificación puntual do PXOM que se somete a votación plenaria mañá mércores para converter o antigo edificio do Peleteiro no Ensanche, nunha gran paza pública e un parque de vivendas, cun 20% en réxime de protección, cun Centro Sociocultural e un centro de día.
EDUCACIÓN
Un traballo do IES A Cachada de Boiro gaña a XIV edición dos Premios Educacompostela
O auditorio do Museo das Peregrinacións acolleu esta tarde a entrega de galardóns do XIV Premio Educacompostela, convocado polo Concello de Santiago en colaboración coa Nova Escola Galega para recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuir á innovación e a renovación pedagóxica do sistema educativo de Galicia.