ACCIÓN CULTURAL
Cancelas e rótulos de Santiago 'gravados' sobre o papel
‘Rótulos da memoria’ e ‘Cancelas de Compostela’ son os libros que edita o Concello de Santiago e que compilan as imaxes de Xaquín Nóvoa para inmortalizar a paisaxe típica das rúas da cidade histórica de Santiago.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago celebra o seu trixésimo aniversario con paseos patrimoniais e unha campaña de concienciación sobre o coidado do patrimonio
Os paseos, que irán desde este venres 2 ao 16 de decembro, darán a coñecer a Compostela Patrimonio Mundial e a Compostela Oculta. O alcalde Xosé Sánchez Bugallo asistiu esta mañá aos actos do trixésimo aniversario da institución.
ALCALDÍA E FESTAS
O Nadal chega a Compostela co acendido o alumeado
Arrancou o Nadal en Compostela co acendido das iluminación que marca o pistoletazo de saída a un amplo e variado programa de actividades para todos os públicos que recupera, tras dous anos de parón, a festa de Fin de Ano e a Cabalgata dos Reis Magos. A praza do Obradoiro acolleu o acto de acendido esta tarde que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, os membros da Corporación e representantes das asociacións de veciños, hostalaría e comercio.
ALCALDÍA
Os informes xurídicos obrigan ao Concello a recorrer a sentenza que anulaba a licenza de obras da gasolineira de Brandía
"Os informes xurídicos recadados polo Concello non nos permiten tomar outra decisión" explica o alcalde, Sánchez Bugallo que insiste en que a "posición política do goberno local sempre foi contraria á construción desa gasolineira e a nosa vontade era evitar un recurso" pero sabendo que a propiedade xa recorreu e tendo "motivos para pensar que vai a haber máis recursos a única opción razoable que quedaba enriba da mesa era presentar este recurso que teríamos preferido evitar"....