TURISMO
O proxecto Bodah certifica que o Casco Histórico de Santiago non está masificado
Turismo de Santiago é o lider deste proxecto europeo no que participan oito entidades de España, Portugal, Francia, Irlanda, Escocia e Gales. O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, clausurou o seminario final desta iniciativa, que se celebrou hoxe pola mañá no Auditorio de Galicia.
TURISMO
Os beléns de San Fiz recibiron xa máis de 11.000 visitas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado dos concelleiros de Acción Cultural e Centros Socioculturais, Mercedes Rosón; e de Turimo, Sindo Guinarte, visitou hoxe os beléns de San Fiz de Solovio; o montado por José Uzal e o realizado polas persoas usuarias da rede de CSC. Nos seus primeiros trece días de apertura, entre o 2 e o 12 de decembro, recibiron a visita de 11.366 persoas. Esta cifra supón o mellor dato de visitantes dende que Turismo de Santiago asumiu por primeira vez a instalación do belén...
COMERCIO
Ábrese o prazo de inscrición para os concursos de decoración de escaparates e de vivendas particulares
A partir de mañá todos aqueles establecementos que o desexen poderán presentar os seus escaparates decorados con motivos de Nadal a este concurso e optar por un dos seis premios económicos. Con esta iniciativa preténdese atraer a atención da clientela e aumentar así o consumo e as ventas durante este período vacacional. Tamén arranca mañá o prazo de inscrición no I Concurso de Decoración de Nadal Veciñal que recompensará as vivendas particulares coas fachadas, balcóns e...
IGUALDADE
"Mulleres en Compostela. Elas tamén contaron" recupera a historia das mulleres a través das rúas da nosa cidade
Esta mañá presentouse na libraría Couceiro o libro "Mulleres en Compostela. Elas tamén contaron", escrito por Encarna Otero e con ilustracións de Luis Ruiz Padrón. A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, tamén estivo presente no acto de presentación desta publicación, que foi financiada polo Concello de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde salienta que Santiago conta con investimentos comprometidas ou en execución por parte de todas as administracións por valor de máis de 300 millóns de euros
Nun encontro coa prensa local, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, fixo balance das actuacións do Concello no último ano "con pasos importantes" na construción da estación do AVE, a EDAR, o enlace Orbital e o Orbitaliño, así como na autovía de Lugo e en materia industrial, coa ampliación do tecido produtivo co Biopolo da Sionlla como gran proxecto que comezará a funcionar en xaneiro do próximo ano. Con vistas á corto e medio prazo, destaca que na cidade hai máis de 300 millóns de...