IGUALDADE
O CIM lanza un curso de autodefensa para mulleres antes situacións violentas
O curso desevolverase entre o 19 e o 27 de xaneiro no Estadio Verónica Boquete e será monitorado por especialistas da Federación Galega de Loita e memebros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Trátase dunha actividade organizada pola Concellaría de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Santiago a través dunha subvención da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
EDUCACIÓN
Fabiola Anchorena recolle no Pazo de Raxoi o Premio Compostela para álbums ilustrados pola súa obra "Esperando o amencer"
A autora peruana Fabiola del Rocío Anchorena Arias recibiu hoxe, nun acto celebrado no Pazo de Raxoi, o "Premio internacional Compostela para álbums ilustrados 2022", convocado polo Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka e dotado con 9.000 euros. A súa obra "Esperando o amencer", que o xurado seleccionou pola "pertinencia e a actualidade do tema tratado, no que a autora dá voz á Amazonía como protesta ante a explotación e a conseguinte destrución do medio".
MEDIO AMBIENTE
O Concello de Santiago e Viaqua lanzan unha campaña para sensibilizar sobre o uso incorrecto dos sumidoiros
O obxectivo é concienciar á cidadanía da importancia dun uso responsable e do impacto dos residuos que tiramos polos sumidoiros. A empresa concesionaria da auga promove esta campaña xunto ao Concello de Santiago, a Asociación Hostelería Compostela, Compostela Monumental e o Proxecto EM-REDE.
ACCIÓN CULTURAL
O Auditorio de Galicia dixitaliza a súa sala principal cunha axuda da AGADIC a través da convocatoria para a modernización de infraestruturas culturais
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, visitou a sala Ángel Brage para comprobar o funcionamento deste novo sistema dixital de maquinaria escénica, financiada a través dunha axuda xestionada pola Xunta de Galicia ao abeiro do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos NextGeneration EU. A instalación costou 87.737,10 euros, dos cales se recibiron a través desta axuda un total de 40.144,09 euros.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música celebra este venres o seu Festival de Nadal
Este venres 16 de decembro, ás 19:00 horas, a Sala Brage do Auditorio de Galicia acollerá o Festival de Nadal 2022 da Escola Municipal de Música. No concerto, as agrupacións e colectivos da EMM darán a coñecer o traballo desenvolvido ao longo destes meses.
MEDIO AMBIENTE
Santiago de Compostela, referente na recollida de lixo orgánico
Representantes da Cámara Municipal de Viana do Castelo reuníronse esta mañá coa concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, e persoal técnico do departamento que dirixe para interesarse polo sistema de recollida de materia orgánica que está a implantarse na cidade. A súa homónima da cidade portuguesa, Carlota Borges, recalcou que a capital de Galicia é "sempre unha boa referencia sobre o que respecta á xestión e recollida dos residuos".